En 2017, cando se cumprían trinta anos da morte do poeta Florencio Delgado Gurriarán, arrancaba o Proxecto “As Letras de Florencio.” Unha iniciativa de carácter comarcal que pretendía poñer en valor a figura do autor e a historia de Valdeorras.
Por ese motivo houbo unha programación específica que xirou ao seu redor. Toda unha rede de traballo artellado ao redor da súa figura e da súa vida coa firme esperanza de conseguir que algún ano, o día das Letras Galegas fose o ano de Florencio e de Valdeorras.
Segue a unirnos unha mesma paixón, Valdeorras e Florencio Delgado Gurriarán.
Máis información aquí:
O final da súa vida sucedeu a miles de quilómetros de Córgomo: en California.
Volveu a Córgomo, porque o importante non é onde te atopes, o importante é onde está o teu corazón.
O de Florencio latexa en todos os poemas que escribiu.