O 6 de decembro de 2021, entregáronse no Auditorio da cidade de Ourense os premios da XXXVII Edición do Concurso da Constitución organizado pola Subdelegación do Goberno de Ourense. Dito concurso, nas dúas modalidades, debuxo para os máis novos e fotografía con texto para os máis maiores, promove o coñecemento e a reflexión sobre a nosa Constitución. Este ano, máis concretamente, centrándose nos dereitos e deberes fundamentais recollidos no Título I.
A nosa felicitación ós premiados: Denís Rodríguez Núñez, alumno de 6º de Educación Primaria, e Xabier Prada González, alumno de 2º de Educación Secundaria.
No acto de entrega de premios tamén se recoñeceu o labor de todas as forzas e corpos de seguridade, entre elas a policía local da nosa vila.
Parabéns a todos!